11/29/2008

A capa

Xa está aquí!!!



Amigas, amigos, xa temos aquí o noso disco! Autoeditado e made in feito na casa, e por tanto un discaso en edición limitada que poderedes conseguir nos nosos concertos e nalgúns sitios escolleitos dos que xa vos informaremos.

Nel atoparedes o repertorio que estivemos tocando o ano pasado. Foi gravado nun par de sesións na primavera do 2008, tocando xuntiños na mesma sala e sen overdubbings. Así que xa sabedes o que hai, a nosa lectura dunha colección de temas que nos gustan tal como saíron nese momento, sen retocar, nin máis nin menos. Esperamos que a vós tamén vos gusten.

Sabemos que non vai ser doado de atopar, por iso decidimos darvos acceso a unha copia do disco en mp3 que podedes transferir ao voso disco desde aquí.

Unha aperta! Apoiade a música en directo e comprádelle os discos aos músicos!

U-lo Trío (2008)

Marcos Teira: Guitarra Flamenca
Xacobe Martínez Antelo: Contrabaixo
Pepe Sendón: Caixón, Masseve, Vibráfono

1. Misirlou
2. Capullito de alhelí
3. Round midnight
4. Fire
5. Stella by starlight
6. Nardis
7. Norwegian wood
8. Caballo viejo
9. Choro nº 1
10. Goodbye porkpie hat
11. Manic depression

baixar

6/05/2008

In memoriam


José Antonio Ramos era un gran tipo grande, mais o timple, esa guitarriña pequena típica das Canarias, nunca se sentiu tan aloumiñada como cando soaba encostada ao seu peito. Coñecémolo no Recife, onde Narf compartimos festival con el e a súa banda. Grandes músicos e xente aberta e amable, sempre disposta a compartir. Tivemos o privilexio de que nos deixaran asistir a un ensaio no hotel. Marcos gravou este clip alí. Tomámonos cariño. Facíamos planos para nos reencontrar. Onte a noticia da súa morte repentina deixounos afundidos e mudos. A grande sombra que deixa non apagará nosa lembranza. http://www.joseantonioramos.com

5/09/2008

Na Galería, Vigo - Fotos

Fotos de Íñigo Almeida




3/28/2008

Anaquinhos


Entre a xente que nos ven ver tocar, temos unha amiga entusiasta co don da ubiqüidade. Ela aparece. Ten un blog moi interesante cheo de cousa boa de calidade. E o outro día na Borriquita gravounos en vídeo unha peza. Bicos, moza!

11/29/2007

Grande Manecas


Participamos como parte de banda na gala 'Mar de Mans' celebrada no Auditorio de Pontevedra xunto con Paulo Borges (director, piano), Quiné (batería) e Fernando Abreu (clarinete), grandes músicos, un prazer, colegas. O grande Manecas Costa, embaixador na Galiza de Guiné Bissau, fixo a espera máis agradábel. Um abraço, irmao!

8/27/2007

Praza dos Gatos



O sábado na Praza dos Gatos tivemos outra estupenda tocata (e fuga, o chuvasco que estivo ameazando toda a noite descargou xusto despois da última canción. Non houbo bis).

Podedes ver un anaquiño do final da versión que fixemos de Norwegian Wood.

Saúde!

8/23/2007

Misirlou (fragmento)



Quen non coñece esta canción? Supoño que todo o mundo vería Pulp Fiction, mais o que moita xente non saberá é que se trata dunha música popular grega dos anos 20 cunha historia ben curiosa como podedes consultar aquí: Misirlou

Público fantástico!


Así calquera! Onte por fin non choveu. Tocamos no medio da rúa e den público estupendo. Graciñas a todos! O sábado repetimos e esperamos que sexa polo menos tan bo como a noite pasada. A divertirse!!!

Queredes ver e escoitar un pouquiño, non? Vaaaaaale... temos un fragmento dunha canción. Vai no seguinte post.

8/20/2007

Chuvia :-(


O concerto de hoxe dia 20 adiouse por causa da chuvia e pasa para o mércores 29...