O sábado na Praza dos Gatos tivemos outra estupenda tocata (e fuga, o chuvasco que estivo ameazando toda a noite descargou xusto despois da última canción. Non houbo bis).
Podedes ver un anaquiño do final da versión que fixemos de Norwegian Wood.
Formado por Marcos Teira á guitarra flamenca, Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo e Pepe Sendón á percusión e vibráfono, U-lo Trio traballa cun repertorio no que as composicións propias se mesturan con incursións nun catálogo variado (Mingus, Lennon, Hendrix, Monk, Evans, Villa-Lobos...) cun ánimo transformador e aventureiro.