Entre a xente que nos ven ver tocar, temos unha amiga entusiasta co don da ubiqüidade. Ela aparece. Ten un blog moi interesante cheo de cousa boa de calidade. E o outro día na Borriquita gravounos en vídeo unha peza. Bicos, moza!
Participamos como parte de banda na gala 'Mar de Mans' celebrada no Auditorio de Pontevedra xunto con Paulo Borges (director, piano), Quiné (batería) e Fernando Abreu (clarinete), grandes músicos, un prazer, colegas. O grande Manecas Costa, embaixador na Galiza de Guiné Bissau, fixo a espera máis agradábel. Um abraço, irmao!
O sábado na Praza dos Gatos tivemos outra estupenda tocata (e fuga, o chuvasco que estivo ameazando toda a noite descargou xusto despois da última canción. Non houbo bis).
Podedes ver un anaquiño do final da versión que fixemos de Norwegian Wood.
Quen non coñece esta canción? Supoño que todo o mundo vería Pulp Fiction, mais o que moita xente non saberá é que se trata dunha música popular grega dos anos 20 cunha historia ben curiosa como podedes consultar aquí: Misirlou
Así calquera! Onte por fin non choveu. Tocamos no medio da rúa e den público estupendo. Graciñas a todos! O sábado repetimos e esperamos que sexa polo menos tan bo como a noite pasada. A divertirse!!!
Queredes ver e escoitar un pouquiño, non? Vaaaaaale... temos un fragmento dunha canción. Vai no seguinte post.
A nosa participación neste festival de concertos na rúa organizado pola asociación cultural Cidade Vella terá lugar os próximos días 20, 22 e 25 ás 22:30. O primeiro será na Praza de San Paio diante da Carrilana, o segundo na mesma praza, diante da Borriquita e o último na Praza da Lúa, diante do Paraíso Perdido. Vémonos aló!
Formado por Marcos Teira á guitarra flamenca, Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo e Pepe Sendón á percusión e vibráfono, U-lo Trio traballa cun repertorio no que as composicións propias se mesturan con incursións nun catálogo variado (Mingus, Lennon, Hendrix, Monk, Evans, Villa-Lobos...) cun ánimo transformador e aventureiro.