6/05/2008

In memoriam


José Antonio Ramos era un gran tipo grande, mais o timple, esa guitarriña pequena típica das Canarias, nunca se sentiu tan aloumiñada como cando soaba encostada ao seu peito. Coñecémolo no Recife, onde Narf compartimos festival con el e a súa banda. Grandes músicos e xente aberta e amable, sempre disposta a compartir. Tivemos o privilexio de que nos deixaran asistir a un ensaio no hotel. Marcos gravou este clip alí. Tomámonos cariño. Facíamos planos para nos reencontrar. Onte a noticia da súa morte repentina deixounos afundidos e mudos. A grande sombra que deixa non apagará nosa lembranza. http://www.joseantonioramos.com